Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lamine Yamal conduce á selección española á final da Eurocopa

Lamine Yamal conduce á selección española á final da Eurocopa

Un golazo do xuvenil do Barcelona propiciou a remonta diante de Francia (2-1)

Os de De La Fuente suman pleno de vitorias nos seis partidos que xogou

G24.gal 09/07/2024 19:39 Última actualización 09/07/2024 22:55

Minuto a minuto

Xa temos o equipo de España. Non hai sorpresas: Jesús Navas, Nacho e Dani Olmo entran no lugar dos ausentes Carvajal, Le Normand e Pedri

Griezmann queda no banco e entra Kolo Muani. Mbappé intentará castigar a banda de Jesús Navas

Soaron os himnos!!! Todo preparado para comezar a primeira semifinal da Euro'24

1

Coooomeza o partido!!!

3

Centra Fabián e non chega Yamal. Comeza dominando a selección española

5

Ocasión clarísima de Fabián Ruíz!!!! Gran centro de Yamal e a cabezada marchoulle alta

9

0-1 Centro medido de Mbappé e remate de Kolo Muani. Primeiro achegamento francés e primeiro gol

14

Cartón amarelo a Navas por entrada sobre Rabiot

19

Xogada persoal de Mbappé ... Nacho salva o seu remate. Francia é moi perigosa á contra

21

1-1 Golazo de Lamine Yamal. Marchou dun rival e lanzou un disparo que entrou por toda a escadra

25

2-1 Gooool de Dani Olmo!!!! En catro minutos remonta España. Olmo recolle un rexeite na área, fai unha xogada individual e remata á rede previo toque de Koundé

35

Volve achegarse España. Inicia Yamal, recibe Fabián e o seu tiro toca nun defensa francés e acaba en córner con Maignan superado

41

Contra rápida levada por Nico Williams, xoga con Yamal e Theo Hernández rexeita a córner o seu lanzamento

45 +2

Lecer en Múnic. Comezou xerando Francia moito perigo á contra e cun gol de Kolo Muani. España, grazas á xenialidade de Yamal, deulle a volta ao partido con dous goles en catro minutos

46

Segunda parte en xogo!! 

47

Arrisca moito Maignan evitando unha contra de Nico Williams pero saíulle ben ao porteiro francés

53

Tchouamení remata un córner ás mans de Unai Simón

57

Entra Mbappé desde a esquerda e remata ás mans de Unai. Navas, o seu marcador, ten que deixar o partido por lesión. Entra Vivian

60

Agora é Dembelé o que entra desde a dereita e o seu centro rexéitao Unai Simón

63

Upamecano remata desviado un córner. Comeza a acumular achegamentos Francia

72

Menos de vinte minutos para o final. Domina e ataca Francia, España comeza a estar moi afundida na súa área

76

Theo Hernández remata alto na frontal. Trocos en España. Marchan Morata e Olmo, entran Merino e Oyarzábal

82

Lamine Yamal fai unha das súas. Vaise de todos e o remate roza a escadra

84

O partido está parado por un golpe involuntario que recibiu Laporte no nariz. O central está KO

86

A mellor do partido para Mbappé. Canea a Vivian e o seu remate vaise arriba. Esas non adoita fallalas

90

Cinco minutos de engadido!!!

95

Remate alto de Griezmann. Isto está acabado!!!

FINAAAAL!!! España volve meterse nunha final dunha Eurocopa doce anos despois. O talento de Lamine Yamal e o gol de Olmo meten á selección española na finalísima con pleno de vitorias

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar