Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nico Williams lidera unha vitoria que mete a España nos oitavos (1-0)

Nico Williams lidera unha vitoria que mete a España nos oitavos (1-0)

A selección española gozou de moitas ocasións e mereceu un triunfo máis amplo

Calafiori, en propia meta, marcou o único gol do partido

G24.gal 20/06/2024 20:03 Última actualización 20/06/2024 22:59

Minuto a minuto

Segunda xornada do Grupo B da Eurocopa no que se enfrontan os dous favoritos do grupo. O que gañe será o segundo equipo que garanta a súa presenza nos oitavos de final. É un clásico do torneo que se deu nas catro últimas Eurocopas. Dúas vitorias para España e dúas para Italia, sempre nas eliminatorias. 

Xa temos os equipos titulares

Soaron os himnos .... Isto vai comezar!!!!

1

Comeza o partido!!!

2

Pedri!!!!! Centra Nico Williams desde a esquerda, remata de cabeza o canario e salva Donnarumma mandando a córner

7

Partido parado. Tivo que ser atendido Pellegrini por unha entrada de Pedri

10

Clarisima de Nico Williams!!!! Contra española, centra Morata e remata o xogador do Athletic rozando o pau. Estaba totalmente só

19

Outra máis de Nico Williams que está volvendo tolo a Di Lorenzo. Centrou pero faltou o remate

24

Lamine Yamal vaise de todos, asiste a Morata que se atopa coa resposta de Donnarumma. Yamal e Williams, vaia recital!!!

25

Impresionante lanzamento de Fabián desde 25 metros e paradón de Donnarumma. Perdoa España

37

Xogada de estratexia de España que acaba cun remate de Fabián ás nubes

42

Outro disparo de Fabián Ruíz desde a frontal que chapa con seguridade Donnarumma

45

Contra italiana que acaba cun tiro de Chiesa á bancada. O primeiro lanzamento de Italia en todo o partido

Tempo de lecer en Gelsenkirchen. Perdoou a selección española cun Nico Williams imparable. O empate é un gran resultado para Italia

46

Comezou o segundo tempo cunha dura entrada sobre Rodri

52

Perdoa Pedri!!!!! Remata na frontal da área pequena pero márchalle rozando o poste. 

54

Proba Pedri desde a frontal e chapa Donnarumma en dous tempos

55

1-0 Entra Nico Williams pola esquerda, toca Donnarumma o seu centro e acaba marcando Calafiori na súa propia portería

58

Morata remata desde lonxe e manda a córner Donnarumma. O lanzamento desde o recanto remátao Le Normand e despexa baixo paus Cambiasso

60

Que tiro de Lamine Yamal!!!! Sae rozando a escadra. Non hai xeito de paralo

71

Nico Williams á escadra!!!! Xogada persoal que acaba cun disparo sensacional que se espeta no pau

72

Marcharon Pedri e Yamal, entran Ferrán e Baena

74

Pellegrini, de falta directa, moi desviado. Italia quere pero non pode

78

Ocasión de Morata xusto antes de ser substituído por Oyarzábal. Tamén entra Ayoze por Nico Williams, o máis destacado do partido

82

Ayoze forza un córner que remata alto Laporte. A que segue chegando con máis perigo é a selección española

91

Ayoze remata e paradón de Donnarumma. España sufriu no seu campo pola presión de Italia pero estivo moi preto de marcar o segundo

92

Outra de Ayoze que salva Donnarumma!!!!

Final do partido!!!! Vitoria da selección española que debeu ser máis ampla. Maxistral encontro de Nico Williams. Calafiori marcou o único gol do partido en propia porta

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar