Publicador de contidos
Publicador de contidos

O susto inicial acabou en baile (4-1)

O susto inicial acabou en baile (4-1)

España derrota a Xeorxia remontando o gol inicial de Le Normand en propia porta

Rodri, Fabián, Nico Williams e Dani Olmo marcaron os goles

Alemaña será o rival da selección española nos cuartos de final

G24.gal 30/06/2024 19:59 Última actualización 30/06/2024 22:50

Minuto a minuto

De La Fuente recupera a estrutura dos dous primeiros partidos para xogar contra Xeorxia. Todas as olladas volven estar en Yamal e Nico Williams, sorpresas deste torneo

O XI de Xeorxia. Mamardashvili a Kvaratskhelia son as súas dúas estrelas

Será o oitavo enfrontamento entre as dúas seleccións, con sete triunfos de España. Na clasificación para a Eurocopa a selección española conseguiu gañar por 1-7 en Tiflis

1

Comeza o partido!!!

5

Empeza o partido con dominio absoluto de España. Rematou Pedri un centro de Carvajal e parou Mamardashvili

11

Cabezada de Carvajal á saída dun córner e paradón de Mamardashvili. Grande ocasión de España!!!

12

Agora é Nico Williams o que proba sorte desde a frontal e rexeita a defensa a córner... Que acoso!!!

18

0-1 Gol de Le Normand en propia porta. Saída á contra de Xeorxia, centro lateral e toca o central da Real Sociedade cara a súa propia porta

21

Remata Fabián e para Mamardashvili

30

Proba Yamal desde fóra sen éxito. España, que comezara moi ben, está atascada despois do gol de Xeorxia

35

Cucurella téntao desde fóra da área. Resposta moi segura de Mamardashvili

39

1-1 Gol de Rodri. Avisou primeiro Nico Williams e no segundo intento marca Rodri cun remate cruzado desde fóra da área

45

Descanso en Colonia. Domina a selección española pero tivo un susto importante co gol de Xeorxia. Empatou Rodri no treito final, todo por decidir no segundo tempo.

46

Segunda parte en xogo!!

49'

Kvaratskhelia!!!! Rouba en campo propio e busca sorprender desde o círculo central. A piques de marcar Xeorxia.

51

2-1 Yamal lanza unha falta, salva Mamardashvili e no rexeite chega un centro do propio Lamine que remata de cabeza Fabián Ruíz

55

Pega Morata desviado. Haberá que ver como reacciona Xeorxia por detrás no marcador.

63

Erro no inicio da xogada de Xeorxia, chégalle o coiro a Lamine Yamal e o remate roza o pau

74

Marca España -autogol de Xeorxia- despois dunha xogada de Lamine Yamal pero o xuvenil do Barcelona estaba, por pouco, en posición antirregulamentaria.

75

3-1 Gol de Nico Williams. Rouba España en campo propio, sae á contra e marca Nico despois dunha gran manobra

83

4-1 Dani Olmo sentencia cun remate pegado ao poste

Remata o partido. España tivo un susto ao comezo do partido co autogol de Le Normand, pero logo amosou unha gran superioridade sobre Xeorxia. Rodri, Fabián, Nico Williams e Olmo certificaron unha vitoria xusta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos