Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dentro de dúas semanas retiraranse as máscaras no transporte público

Dentro de dúas semanas retiraranse as máscaras no transporte público

Fernando Simón: "Non sei se a semana que vén ou a seguinte" 

Expertos e comunidades autónomas, de acordo en volver á normalidade

G24.gal 25/01/2023 18:25

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias do Ministerio de Sanidade (CCAES), Fernando Simón, asegurou que a fin das máscaras no transporte chegará "en breve" e nun prazo "moi curto" de tempo, para "a semana que vén ou a seguinte".

Ata agora a recomendación do Relatorio de Alertas era mantelas por prudencia ata que acabara a tempada de infeccións agudas, case en marzo, e á espera do impacto que puidera ter o estalido de contaxios na China tras o abandono da estratexia covid cero.

Pero nas últimas semanas retomaron o debate -que continúa aínda- ante a estabilidade da situación epidemiolóxica en España, que as festas de Nadal non alteraron.

De feito, Simón indicou que o sucedido nas "últimas semanas na China complicou a situación", pero aínda así, señalou que a retirada da máscara é inminente: "Eu creo que nun prazo moi curto, non sei se a semana que vén ou a seguinte, retirarase o uso obrigatorio".

Pero o director do CCAES quixo deixar claro que "a mensaxe non é que se vaia retirar a máscara, senón que agora a poboación ten que ser moito máis responsable".

"Cando temos síntomas deberiamos empregala de maneira responsable e, se somos grupos de risco ou vulnerables, tamén. Hai que entender que a nosa saúde afecta dalgunha maneira á dos demais, sobre todo cando hai unha enfermidade infecciosa de por medio", agregou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos