Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Galicia consómese menos dun quilo de carne de coello por persoa, pese a ser a segunda produtora de España

En Galicia consómese menos dun quilo de carne de coello por persoa, pese a ser a segunda produtora de España

Un 18% das explotacións cunícolas e dos coellos criados en España son galegos, o que se traduce en 850.000 animais ao ano repartidos entre 150 granxas

Fontes do sector sinalan que o baixo consumo pode deberse ao novo rol deste animal nas sociedades urbanas como animal de compañía

G24.gal 16/09/2024 17:50

Empatada con Cataluña, Galicia é a segunda comunidade de España en canto a número de coellos criados e de explotacións cunícolas, cun 18% do total en ambos os parámetros, o que se traduce en 850.000 animais ao ano repartidos entre 150 granxas.

Malia estas importantes cifras, os galegos consomen menos dun quilo de carne de coello por persoa e ano. Exactamente, 900 gramos. Unha situación que non parece moi lóxica tendo en conta que o coello é a carne máis saudable e barata.

Fontes do sector sinalan que unha parte do problema pode estar no novo rol que o coello xoga nas sociedades urbanas. E é que na cidade é cada vez máis frecuente ver que diferentes especies de coello se converteron en mascotas e animais de compaña. Así, para moitos habitantes desas cidades o consumo cunícola convértese en algo mesmo tabú.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar