Publicador de contidos
Publicador de contidos

En Italia, o fiscal di que recuperar o veleiro de luxo afundido é fundamental para a investigación

En Italia, o fiscal di que recuperar o veleiro de luxo afundido é fundamental para a investigación

Xa se recuperaron os seis cadáveres dos desaparecidos no accidente, e agora as pescudas tratan de aclarar as responsabilidades no naufraxio

Os sete falecidos do iate quedaron atrapados nos seus camarotes

Os equipos derescate traballan en Sicilia no lugar do afundimento do Bayesian
G24.gal 24/08/2024 13:33 Última actualización 24/08/2024 17:48

A hipótese principal polo momento do afundimento do Bayesian, o veleiro de luxo que foi a pique no mar fronte a Porticello, en Palermo, na illa de Sicilia, tras un forte tornado, é unha desafortunada cadea de erros humanos.

Outra das suposicións ao comezo foi a rotura do mastro, que medía 75 metros, pero as operacións de rescate demostraron que en realidade estaba intacto.

Outra foi que o barco se inclinou tanto que a auga entrou con forza, xa que os zapóns e as comportas laterais estaban abertas malia os avisos da aproximación duna treboada.

A Fiscalía de Termini Inmerese investiga o naufraxio polos delitos de homicidio múltiple e afundimento por neglixencia vai dispoñer das autopsias das sete vítimas.

A recuperación do luxoso veleiro Bayesian afundido fronte ás costas de Sicilia, no que morreron sete persoas, é "fundamental" para a investigación do ocorrido, avanzou este sábado o fiscal de Termini Imerese, Ambrogio Cartosio.

"Un desenvolvemento serio da investigación baséase fundamentalmente na recuperación do veleiro. Se non o recuperamos e examinámolo atentamente dificilmente poderemos configurar eventuais responsabilidades sobre o ocorrido", sostivo en conferencia de prensa.

O iate Bayesian afundiuse en poucos minutos na noite do luns fronte ás costas da localidade siciliana de Porticello no medio dunha forte tempestade e no naufraxio morreron sete dos seus 22 ocupantes, entre estes o magnate británico Mike Lynch, a súa filla Hannah ou o presidente do banco Morgan Stanley International, Jonathan Bloomer.

Na illa italiana desembarcaron esta semana avogados de distintos bufetes internacionais, no que promete que vai ser unha guerra xudicial con causas millonarias.

Tamén chegou alí o embaixador británico e investigadores do Goberno inglés que estudan aqueles accidentes en que estean involucrados naves do seu país no estranxeiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade