Cargando resultados...
En liberdade como investigado o presunto autor en Lugo dun novo caso de violencia machista
En liberdade como investigado o presunto autor en Lugo dun novo caso de violencia machista
Detivérono os axentes da Policía Local que presenciaron a suposta agresión
Félix Aragunde
12/09/2023 13:59
Un novo caso de violencia machista rexistrouse o sábado á noite na cidade de Lugo. Supostamente, o presunto agresor propinoulle un par de labazadas á súa muller cando ambos transitaban pola vía pública.
Aínda que a vítima dos malos tratos optou por non presentar denuncia, varios axentes da Policía Local foron testemuñas directas dos feitos, polo que procederon a arrestar o suposto autor da agresión. Tras pasar a disposición da xustiza, o detido quedou en liberdade con cargos.