Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresa no cárcere o acusado de incendiar a súa vivenda na Pobra coa parella dentro

Ingresa no cárcere o acusado de incendiar a súa vivenda na Pobra coa parella dentro

A muller, con problemas de mobilidade, tivo que ser rescatada das lapas

Os feitos están a ser investigados como un caso de violencia machista

O arrestado, de 68 anos, ingresou no cárcere O arrestado, de 68 anos, ingresou no cárcere
G24.gal 14/01/2023 12:42 Última actualización 14/01/2023 13:08

A xuíza do Xulgado de Instrución número 2 de Ribeira decretou na noite deste venres prisión provisional, comunicada e sen fianza para o acusado de provocar un incendio nunha vivenda da Pobra do Caramiñal onde se atopaba a súa parella, que ten unha discapacidade por mobilidade.

Segundo confirmaron fontes da investigación, está a ser investigado por un delito de incendio en concurso con outro delito de intento de homicidio.

O home, de 68 anos, foi arrestado o xoves despois de que os servizos de extinción toparan evidencias de que o lume fora intencionado, polo que os feitos están a ser investigados como un caso de violencia machista.

A central do 112 recibiu unha chamada á unha e media da mañá na que se alertaba dun incendio declarado no baixo dunha vivenda situada na Mirandela. Bombeiros e Garda Civil divisaron un home no exterior do edificio e dúas mulleres no interior. 

Unha delas, con problemas de mobilidade nas pernas e parella do arrestado, atopábase prostrada nunha cama e necesitou axuda para saír do baixo do inmoble, onde se orixinaron as lapas.

Os equipos de extinción localizaron bombonas manipuladas e material incendiario repartido por toda a estancia, o que apunta á intencionalidade do lume.

Expediente en Servizos Sociais

A parella, de orixe estranxeira, reside na Pobra do Caramiñal desde o ano 2018. Segundo confirmou o rexedor, ten aberto un expediente que está a ser atendido polos servizos sociais municipais.

A vivenda incendiada A vivenda incendiada
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade