En setembro entrará en funcionamento o novo edificio de urxencias do hospital de Verín
En setembro entrará en funcionamento o novo edificio de urxencias do hospital de Verín
As novas instalacións aglutinan as urxencias hospitalarias e o PAC
A Xunta leva invertido no hospital comarcal un millón de euros
En setembro abrirá o novo edificio de urxencias do hospital de Verín. As novas instalacións, que hoxe visitaba o conselleiro de Sanidade, melloran a funcionalidade das urxencias, xa que aglutinan as urxencias hospitalarias e o PAC.
Deseñáronse diferentes circuítos para a atención dos usuarios, e por primeira vez haberá unha sala exclusiva para os sospeitosos de infección respiratoria. A Xunta leva investido un millón de euros neste hospital comarcal. O conselleiro tamén destacaba a cobertura da maioría das prazas vacantes.
"Tamén o compromiso da Consellería de Sanidade se reflicte na lei que permite a cobertura de prazas difíciles, grazas a esa lei o hospital conta con 19 prazas máis das que 13 xa se cubriron, e esperamos que nun futuro próximo cubrir o resto para ofrecer unha asistencia completa", explicou o conselleiro, Antonio Gómez Caamaño.