Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente de Ecuador declara un conflito armado interno e ordena a acción militar

O presidente de Ecuador declara un conflito armado interno e ordena a acción militar

A decisión tómase despois de atentados con explosivos por todo o país, secuestros de policías, motíns carcerarios e a toma dunha canle de televisión por parte de bandas armadas

G24.gal 09/01/2024 21:19 Última actualización 09/01/2024 22:03

O presidente de Ecuador Daniel Noboa declarou cun decreto a existencia dun "conflito armado interno" no país e ordenou ás Forzas Armadas executaren accións militares para loitar contra os grupos de crime organizado.

A decisión tomouna pouco despois de que encarapuchados armados irrompesen nunha canle de  televisión na cidade de Guayaquil e no medio dunha escalada de tensión.

A intervención militar ordenada polo presidente prodúcese nun momento en que o país está baixo estado de excepción, cun toque de recollida nocturno desde este luns decretado por Noboa e incidentes en polo menos seis cárceres do país.

A pesar deste estado de excepción, rexistrouse a explosión de vehículos, atentados con explosivos, secuestro de policías e a distribución de panfletos en que se rexeita a transferencia de reos duns cárceres a outros.

As autoridades non informaron aínda sobre a situación na canle, que preto dunha hora despois de iniciada a incursión mantiña aberto o sinal coa imaxe do set en penumbra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade