Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os traballadores galegos tiroteados en Ecuador agardan a súa repatriación esta fin de semana

Os traballadores galegos tiroteados en Ecuador agardan a súa repatriación esta fin de semana

Aseguran que xa teñen os billetes de avión para o regreso, que se podería producir este mesmo sábado

O autocar en que viaxaban recibiu case 20 impactos de bala de seis asaltantes, aos que busca a policía ecuatoriana

Controis da policía ecuatoriana para dar cos asaltantes que tirotearon o autobús con traballadores galegos
G24.gal 03/08/2024 11:43 Última actualización 03/08/2024 15:36

Preto de 40 traballadores españois, 34 deles galegos, están nun hotel de Ecuador á espera de ser repatriados, despois de que o autobús no que viaxaban fose tiroteado preto de Guayaquil, sen que ningún deles quedara ferido.

O suceso ocorreu na madrugada do pasado mércores, cando regresaban das instalacións nas que traballaban na reparación dun buque da empresa armadora Albacora, segundo explicaron algúns deles. “Estamos todos ben, tivemos moita sorte. Aínda temos o susto no corpo, pero agora o único que queremos é volver a España”, aseguraron os traballadores galegos.

O asalto produciuse no cantón de Guayaquil, a onde se desprazaron para traballar na reparación dun atuneiro.

O autocar en que viaxaban recibiu case 20 disparos dos seis asaltantes en moto que lles tenderon unha emboscada. Os dous gardas de seguridade privada que estaban de xeito permanente canda eles desde que chegaron ao país ante a violencia desatada no Ecuador, responderon coas súas armas para evitar o ataque.

Os traballadores galegos din que xa teñen os billetes de volta e que, se nada o impide, embarcarán nun avión este mesmo sábado cara a España.

Mentres a policía ecuatoriana intenta con intensos controles localizar aos asaltantes que dispararon ao autobús con preto de 40 cidadáns españois.

Impactos de bala no autobús con traballadores galegos tiroteado en Guayaquil, Ecuador Impactos de bala no autobús con traballadores galegos tiroteado en Guayaquil, Ecuador
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade