O Lugo Gaming Fest reúne centos de afeccionados aos videoxogos
O Lugo Gaming Fest reúne centos de afeccionados aos videoxogos
A paixón polo mundo dos videoxogos reúne centos de afeccionados
Esta fin de semana celébrase a primeira edición do Lugo Gaming Fest. É un salón que acolle e expón múltiples facetas relacionadas co mundo dos videoxogos.
Nada máis entrar no Pazo de Feiras e Congresos onde se desenvolve o evento, o primeiro que chama a atención son os cosplayers, unhas caracterizacións de personaxes de videoxogos ou cómics, por exemplo, elaborados polas persoas que os levan postos.
O festival ofrece máis seccións, unha delas dedicada á creación de videoxogos, algún deles en galego. O público, entregado e participativo, experimenta nos diferentes apartados.
Hai espazo para o virtual, pero tamén para o real, cunha diana xigante, artistas e artesáns. Tamén música en directo ou un posto para dar a coñecer un curso de especialización de desenvolvemento de videoxogos do Instituto Muralla Romana de Lugo.