Publicador de contidos
Publicador de contidos

Enésimo empate do Cangas na visita do Nava (29-29)

Enésimo empate do Cangas na visita do Nava (29-29)

Os galegos suman a cuarta igualada nos últimos seis partidos e seguen en postos de playout

G24.gal 25/02/2024 10:57

O Cangas deixou escapar unha vitoria que tiña na man, a que sería a segunda da tempada, nun partido no que dispuxo de catro puntos de vantaxe en diferentes fases do partido.

Os galegos fixeron unha boa primeira parte, que comezou moi igualada, aínda que o Cangas escapouse axiña no marcador. Os de Nacho Moyano conseguiron aguantar dous puntos arriba no marcador e o encontro marchou o descanso cando o electrónico marcaba un resultado de 14-12. 

A segunda metade comezou dun xeito similar ao remate da primeira. Unha sucesión de goles para ambos conxuntos permitiu aos locais obter de novo unha vantaxe de catro puntos que acabaría perdendo no treito final. Unha mala xeira de cara a porta nos últimos minutos propiciou o empate a 29. Iso si, os dous equipos dispuxeron dun ataque cada un para levar o partido, pero ninguén foi quen de variar o marcador.

O máximo anotador do Cangas foi Jenilson Monteiro con cinco goles, os mesmos que Daniel Pérez, do Nava. Con este resultado, os galegos seguen somerxidos no fondo da táboa (postos de playout), con catro empates nos últimos seis compromisos, mentres os visitantes deambulan pola metade da táboa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade