Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sondaxe: O PP baixa, pero mantén a maioría absoluta; o BNG sobe e o PSdeG non varía

Sondaxe: O PP baixa, pero mantén a maioría absoluta; o BNG sobe e o PSdeG non varía

A sondaxe, realizada para o xornal El Español, non lle concede representación nin a Sumar, nin a Podemos, nin a Vox

G24.gal 01/01/2024 09:04

O xornal dixital El Español publica neste primeiro día do ano a primeira enquisa sobre as eleccións galegas.

A sondaxe, realizada pola empresa Sociométrica, dálle ao Partido Popular de Alfonso Rueda a maioría absoluta, con 39 escanos, tres menos que os que ten agora.

Eses tres escanos serían os que gañaría o Bloque Nacionalista Galego, liderado por Ana Pontón, que pasa dos 19 cos que conta agora a 22.

O PSdeG, con Xosé Ramón Gómez Besteiro, seguiría cos 14 que tiña nesta pasada lexislatura.

Segundo esta sondaxe, que non inclúe a Democracia Ourensana, non obterían representación nin Sumar, nin Podemos, nin Vox.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade