Cargando resultados...
Entra en erupción o volcán de Grindavik, en Islandia
Entra en erupción o volcán de Grindavik, en Islandia
As autoridades do país declararon o estado de emerxencia
O fluxo de lava é de entre 100 e 200 metros cúbicos por segundo
G24.gal
19/12/2023 09:55
Despois de semanas de intensa actividade sísmica, o volcán situado preto de Grindavik entra en erupción. As autoridades de Islandia declararon ou estado de emerxencia.
A erupción comezou pasadas as dez da noite. Abriuse unha fisura de tres quilómetros e medio, superior ás anteriores erupcións, rexistra un fluxo de lava de entre 100 e 200 metros cúbicos por segundo. Hai chorros que superan os cen metros de altura. Grindavik, a segunda cidade do país, foi evacuada.