Publicador de contidos
Publicador de contidos

As autoridades sanitarias recomendan beber auga embotellada nos municipios afectados pola DINA

As autoridades sanitarias recomendan beber auga embotellada nos municipios afectados pola DINA

Só aconsellan usar a da billa para aseo persoal e limpeza

Xa hai unha vintena de municipios nos que se autorizou o consumo

G24.gal 11/11/2024 14:43

A posible presenza de bacterias na auga da traída é un dos problemas deribados da DINA. Victoria de las Cuevas, directora técnica dun laboratorio, explica que "o que máis risco pode ter para a saúde son bacterias coliformes, E.coli e enterococos intestinais".

Bacterias que sobre todo poden causar problemas estomacais. "De tipo gastrointestinal como vómitos ou diarreas", apunta De las Cuevas. 

As autoridades piden empregar auga embotellada nos concellos afectados. Rosa Tourís Portavoz do Cecopi, o Centro de Coordinación de Emerxencias, fixo un chamamento "ás poboacións afectadas pola DINA, que deben usar auga embotellada para consumo e para cociñar".

Unha recomendación dende o Ministerio de Transición Ecolóxica para ferver a auga da billa xerou polémica.  Carlos Mazón, Presidente da Generalitat Valenciana, insistiu en que seguen a "recomendar o uso de auga embotellada, pero xa hai 21 municipios onde a inxesta está permitida, porque as análises de saúde pública se están actualizar permanentemente".

Os expertos apuntan que ferver a auga sería a última opción. Recomendan usar a auga da billa só para o aseo persoal e a limpeza e en caso de dúbida contactar cos concellos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade