ERC reitera que a chave da investidura de Illa tena Pedro Sánchez
ERC reitera que a chave da investidura de Illa tena Pedro Sánchez
Os republicanos poñen como condición un financiamento singular para Cataluña
Illa recolle a luva de ERV: "O Goberno vai axudar a mellorar o financiamento de Cataluña"
Esta semana comenzan as negociacións de ERC co PSC e con Junts
Esquerra Republicana de Cataluña volveu insistir este sábado en que a chave para investir a Salvador Illa como presidente da Generalitat téna Pedro Sánchez e non o PSC. A secretaria xeral da formación, Marta Rovira, asegura que as negociacións "de verdade" comezan esta semana, que están á espera das propostas de Illa e de Puigdemont, e que non van aceptar presións de ninguén.
Na súa intervención telemática no consello nacional de ERC, Rovira explicou que ata o de agora houbo conversas esporádicas con distintos partidos. O referendo segue sendo un dos obxectivos de ERC pero a condición mínima para apoiar a Illa será, di, un acordo sobre o financiamento de Cataluña.
"O PSC debe saber que se Pedro Sánchez non é capaz de mover ficha no tema do financiamento singular para Cataluña será moi dificil que ER lle poida dar apoio""Por tanto a chave hoxe está máis nas mans do goberno español e de Pedro Sánchez que nas mans de Salvador ILLA""E ao persidente Puigdemont tamén lle toca explicar que proxecto tan para o país e cando volve".
"Non pido privilexios para Cataluña, non pode ser a terceira en achegar recursos e a 14º en recibilos e quero poñerme a traballar canto antes para solucionalo". "Sei que o Goberno de España axudará tamén nesta tarefa de mellorar o financiamento de Cataluña", di Illa.
O próximo 25 de xuño haberá un pleno de investidura pero antes, este mércores día 19, o presidente do Parlament terá que anunciar quen é candidato, Illa ou Puigdemont. Tampouco se descarta que finalmente haxa un pleno de investidura sen candidato.