Publicador de contidos
Publicador de contidos

Filipe VI pide que o espírito de Ermua non caia no esquecemento

Filipe VI pide que o espírito de Ermua non caia no esquecemento

Sánchez defende construír unha memoria colectiva que preserve os valores democráticos que representan as vítimas do terrorismo

Marimar Blanco pide que a memoria democrática recoñeza a verdadeira historia do terrorismo "con bos e malos"

INFOGRAFÍA: Así foron as últimas 100 horas de Miguel Ángel Blanco

G24.gal 10/07/2022 08:18 Última actualización 10/07/2022 14:47

A localidade biscaíña de Ermua lembra este domingo ao edil do PP Miguel Ángel Blanco na conmemoración do 25 aniversario do seu secuestro e asasinato por ETA, cunha homenaxe de Estado presidida polo rei Filipe VI, que pediu manter a memoria viva para xeracións vindeiras. "O espírito de Ermua é a vitoria da conciencia colectiva de todo o noso pobo", destacou o monarca.

Crónica do acto

No interior do polideportivo Miguel Ángel Blanco, con música de Bach para os centos de convidados a esta homenaxe ao edil e tamén a Sotero Mazo, outro veciño da Ermua asasinado pola banda terrorista. 

No acto mostráronse imaxes do sucedido nesta vila biscaíña hai 25 anos co secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco. Tamén se lembrou o balance terrorífico da ETA, 853 asasinatos, 2.600 feridos, 84 secuestrados e milleiros de ameazados e extorsionados.

O actual alcalde de Ermua quixo destacar a actuación do daquela alcalde e do resto da corporación coa entrega do primeiro monólito de recoñecemento ás vítimas, obra de Agustín Ibarrola.

A irmá de Miguel Ángel, que nun principio non estaba convidada, puido intervir. Marimar agradeceu o apoio e a solidariedade de todos os veciños da vila e pediu que non se esqueza ás vítimas nin se intente silencialas.

As apelacións á convivencia e á memoria foron constantes desde o lehendakari Urkullu ata o presidente do goberno e tamén o Rei.

Urkullu falou de construír un futuro asentado na verdade, "unha verdade clarificadora, curadora, transformadora e reconciliadora".

Pola súa banda, o presidente do Goberno Pedro Sánchez quixo lembrar que, malia que a ETA non acadou os seus obxectivos, deixou numerosas vítimas tras de si.

O rei Filipe VI, que presidiu a homenaxe, pediu manter a memoria viva para xeracións vindeiras. "O espírito de Ermua é a vitoria da conciencia colectiva de todo o noso pobo".


O acto finalizou cunha ofrenda floral diante do monólito ás vítimas do terrorismo e un emotivo minuto de silencio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade