Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escápaselle ao Burela un partido que semellaba controlado

Escápaselle ao Burela un partido que semellaba controlado

G24.gal 20/11/2021 21:34

O Pescados Rubén Burela perdeu un partido que semellaba ter gañado fronte ao Cartaxena.

Os da mariña foron moi superiores durante 35 minutos. Ata daquela gozaban dunha clara vantaxe, 4 goles a 1, cos tantos de Renato, Diego Quintela por partida dobre e David Pazos.

Co encontro perdido, o Cartaxena arriscou co porteiro xogador e foi capaz de empatar e incluso levar o triunfo de Vista Alegre. O 4-5 final, obra de Mínguez, chegou a un minuto da conclusión. O Burela segue sendo o cabeiro, cun único punto en sete partidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade