Esgotados os billetes para ir ás illas Cíes esta semana
Esgotados os billetes para ir ás illas Cíes esta semana
A xunta autoriza a venda de 1.800 prazas diarias
As navieiras prognostican un verán de cheos nos viaxes a illas
Recomendan reservar con antelación, porque parte das pasaxes para o verán xa están vendidas
"A máis bonita praia do mundo".
"Lovely time on the island. It was beautiful".
"Precioso, un ambiente espectacular, unhas praias que semella que estás no Caribe... volverei".
A mellor publicidade das illas Cíes fana os que acaban de visitalas. O paraíso atlántico é un dos grandes reclamos turísticos de Galicia, e estes días cotizan á alza. Tanto, que ata a semana que vén non queda un billete para achegarse a elas.
"Á diferenza destes dous últimos anos pandémicos, xa se está notando un incremento do turismo internacional fronte ao local ou nacional, co que xa se empezan a achegar moitas persoas de diferentes partes", di María Moledo, Coordinadora Comercial da Navieira Mar de Ons.
Aínda quedan billetes para visitar esta semana as illas Ons, mentres que segundo avanza o verán diminúen as posibilidades de ocos libres para o único parque nacional que temos en Galicia. Foi declarado hai vinte anos, e a contorna segue impresionando.
"Vivo no estranxeiro e por primeira vez logo de vinte anos visito as Cíes e é fantástico, é a illa mais bonita que eu coñezo", di un visitante.
As previsións turísticas son inmellorables e, de seguir así, poderiamos falar dun verán coa cota completa nas Illas Cíes, coas 1.800 prazas diarias ocupadas.