España esixe que haxa menos recortes nas cotas pesqueiras de 2022
España esixe que haxa menos recortes nas cotas pesqueiras de 2022
Os gobernos europeos empezan a negociar en Bruxelas os cambios nos topes das capturas de pescada, xurelo ou linguado
Os gobernos europeos comezan a negociar en Bruxelas cambios nas cotas pesqueiras do 2022 propostas pola Comisión Europea.
España quere reducir os recortes nas capturas que afectan especies como a pescada, o xurelo ou o linguado, tan importantes para a frota galega.
Así o demandou o ministro de Agricultura e Pesca Luis Planas. Na reunión cos seus colegas europeos trataron o encarecemento da enerxía e dos custos, que tamén sofren labregos e gandeiros.
Bruxelas estuda axudas específicas para o sector. E na axenda estaban as negociacións pesqueiras co Reino Unido. Pero inicialmente non a repartición dos caladoiros propios da UE.
España rexeita as propostas da Comisión Europea, con rebaixas do 18 % para a pescada en augas ibéricas ou do 15 % nas capturas de xurelo ou linguado.
Quedan poucas semanas antes do decisivo Consello Europeo de Pesca en decembro. E o ministro Planas demanda cambios en beneficio da frota española.