Cargando resultados...
España xogará o Mundial de Qatar
España xogará o Mundial de Qatar
Precisaba un empate pero acabou gañando por 1-0 ante Suecia cun gol de Morata no minuto 87
G24.gal
14/11/2021 23:19
A selección española estará no Mundial de Qatar. Chegaba ás dúas últimas xornadas da fase de clasificación nunha situación límite e soubo resolvela con dous triunfos pola mínima. Suecia, logo da sorprendente derrota do pasado xoves, tiña que gañar en Sevilla e tomou riscos. O equipo de Luis Enrique non estivo brillante pero soubo sacar adiante o partido con sobriedade en defensa e aproveitou unha acción de Morata contra o final para selar o seu pase mundialista sen acudir a unha temible repesca.