España, polas semifinais do Mundial
España, polas semifinais do Mundial
Tere Abelleira apunta a titular no encontro máis importante da historia desta selección
España-Países Baixos, ás 3:00 da madrugada
Falaron o adestrador, Jorge Vilda, e a capitá, Ivana Andrés, antes do partido máis importante da historia da selección feminina. España nunca lograra a clasificación para os cuartos de final dun Mundial e, polo tanto, tampouco para unhas semifinais.
A selección comandada pola galega Tere Abelleira no centro do campo, é unha das máximas favoritas para levar o campionato tras a caída dos EUA.
Jorge Vilda remarcou a enerxía que transmite o equipo nos adestramentos, mentres que Ivana Andrés, lesionada nos derradeiros encontros, afirmou que deixarán a alma para conseguir o obxectivo.
O encontro ante os Países Baixos disputarase esta madrugada ás 3:00 da madrugada.