Publicador de contidos
Publicador de contidos

España agarda chegar en decembro a un acordo europeo sobre o tope ao gas

España agarda chegar en decembro a un acordo europeo sobre o tope ao gas

A Comisión Europea defende a súa proposta para establecer un límite de 275 euros/MWh

España cualifica a proposta caomo unha "broma pesada"

G24.gal 24/11/2022 20:52

 A ministra de Transición Ecolóxica Teresa Ribera dixo este xoves que a pesar das grandes diferenzas sobre o futuro límite ao prezo das compras de gas entre distintos países da UE, predomina un "espírito de consenso" para puír a proposta da Comisión Europea e chegar a un acordo o próximo 13 de decembro.

"Creo que podemos chegar a un consenso o día 13 de decembro no próximo consello extraordinario de Enerxía porque impera claramente a convicción de que debemos responder estando á altura das circunstancias", dixo Ribera.

Ribera foi particularmente crítica co "mecanismo de corrección de mercado" para o índice de futuros de gas TTF exposto pola Comisión, que "estaba pensado para non ser aplicado" e consistía nun sistema de "ultraseguridade para un proceso ultraescandaloso de subida de prezos".

Este requiría, entre outras salvagardas, que os prezos do gas no TTF a un mes estivesen por encima dos 275 euros durante 14 días e que ademais se dese unha diferenza de máis de 58 euros respecto a outras referencias internacionais.

Estas condicións, deseñadas para contentar especialmente a Alemaña e Países Baixos, moi remisas ao tope, facían que se o mecanismo estivese vixente en 2022, non se chegaría a activar o pasado agosto, cando os prezos do gas bateron o seu récord histórico na Unión Europea.

Con todo, os quince países que reclaman unha intervención no prezo que paga a UE por abastercerse de gas entendían que o mecanismo tiña que vincularse aos outros dous textos sometidos a debate no consello deste xoves.

Estes versan sobre compras conxuntas de gas, solidariedade enerxética, creación dun índice alternativo para o gas natural licuado e aceleración dos permisos para instalar plantas de enerxía renovable.

Alcanzouse un acordo político sobre eles, pero non se someteron a votación, ás expensas de que se acorde tamén o tope de prezo ao gas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade