Publicador de contidos
Publicador de contidos

España, ante a primeira pedra no camiño

España, ante a primeira pedra no camiño

España gañou os dous últimos partidos cun parcial de dez a dous

G24.gal 29/06/2024 21:06

O combinado español loitara mañá por unha praza nos cuartos de final contra o gañador do Alemaña-Dinamarca. O seu rival, Xeorxia, chega en gran forma tras gañar por dous goles a cero contra un dos mellores equipos como é a selección de Portugal. No camiño ata este punto, antes incluso da fase de grupos, España e Xeorxia xogaron dous partidos, os resultados foron 1-7 e 3-1, un parcial esmagador para España de 10-2.

Na previa Luis de la Fuente non quixo falar moito de ese partido, xa que foi fai moito tempo, e o equipo xeorxiano mellorou moito, incluso nesta propia Eurocopa, dándolle moita importancia a ese triunfo contra Portugal, pese a que Portugal xogou ese partido con moitos suplentes. O outro que falou foi o central Le Normand, que foi na liña do seu adestrador, un partido moi difícil, con Xeorxia tendo moito tempo para preparar un partido que será unha loita por todo o alto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade