Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pleno de vitorias para a 'viñotinto'

Pleno de vitorias para a 'viñotinto'

A selección venezolana imponse a Xamaica sen dificultades (3-0)

México decepciona e queda eliminada na fase de grupos

Fonte: EFE
G24.gal 01/07/2024 08:58

Venezuela pechou esta madrugada unha fase de grupos perfecta. O combinado dirixido por Fernando Batista saltou ao campo sen presión, ao estar xa clasificado para a seguinte rolda. Do mesmo xeito Xamaica, que xa se atopaba eliminada, non inquedou a portería defendida por Rafael Romo. As dúas seleccións chegaban en igualdade ao tempo de lecer, combinándose para un total dun único disparo á porta.

Á saída de vestiarios os venezolanos saíron máis entoados e rapidamente se fixeron coa vantaxe no partido. Eduard Bello remataba no segundo pau un centro de Aramburu e poñía o 1-0 no marcador. Ao pouco, Salomón Rondón ampliaba a vantaxe da 'viñotinto' resolvendo un man a man ante o meta xamaicano Jahmali Waite. Os suramericanos dominaban o encontro e Xamaica non era quen de reaccionar. Eric Ramírez, que entrara ao campo substituíndo a Rondón, foi o encargado de anotar o terceiro tanto co que Venezuela sentenciou o partido.

No outro enfrontamento da noite, México non pasou do empate fronte a Ecuador. O 'Tri' debía gañar para clasificarse á seguinte rolda, pero foi Ecuador quen deu o primeiro aviso. O porteiro mexicano Julio González desviaba un gran disparo de Kendry Páez, enviándoo contra o pau. No segundo tempo, México saíu ao partido cunha marcha máis. A súa aproximación máis clara chegou cun remate de Santiago Giménez, que se topaba co poste para desesperación dos mexicanos. A defensa de Ecuador continou achicando as ofensivas do 'Tri' e conseguiu finalmente o empate. Un 0-0 que lles permite pasar como segundos no seu grupo, quedando México eliminado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade