Publicador de contidos
Publicador de contidos

España autorizará a despregadura en Rota doutros dous destrutores estadounidenses

España autorizará a despregadura en Rota doutros dous destrutores estadounidenses

O acordo asinarase antes da visita de Pedro Sánchez á Casa Branca

Os novos buques completarán o escudo antimísiles da OTAN

Antón Montero 20/04/2023 17:57 Última actualización 20/04/2023 19:44

España autorizará a despregadura de dous novos destrutores estadounidenses na base naval de Rota en vésperas da visita de Pedro Sánchez a Joe Biden.

Fontes do ministerio de Defensa confirmaron que o acordo se vai asinar antes do 12 de maio, data da viaxe do presidente do Goberno á Casa Branca.

Os dous buques sumaranse aos catro que os Estados Unidos manteñen na base gaditana. Con este reforzo, complétase a parte española do escudo antimísiles da OTAN.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade