Publicador de contidos
Publicador de contidos

España comeza a normalizar a covid–19 e contará só os casos graves e vulnerables

España comeza a normalizar a covid–19 e contará só os casos graves e vulnerables

Desde hoxe xa non se contan todos os positivos de coronavirus

Remata o illamento das persoas con síntomas leves, as probas e o seguimento xeneralizado 

A nova normalidade reflectirase nos datos do xoves

G24.gal 28/03/2022 09:24

España comeza normalizar a covid–19. Desde hoxe, deixa de contabilizar todos os positivos por coronavirus para centrarse só nos casos graves e vulnerables.

Nesta nova etapa tamén remata o illamento das persoas con síntomas leves ou sen eles, as probas e deteción e o seguimento xeneralizado.

O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas consideraron que é o momento de xerar outra clase de vixilancia que, sen a detección exhaustiva dos últimos dous anos, permita observar cambios que requiren medidas adicionais "sen saturar o sistema sanitario".

A nova estratexia de vixilancia e control da covid-19 aprobouna a Comisión de Saúde Pública o martes pasado, é un paso máis cara á normalización da covid-19 que implica "aceptar un certo nivel de transmisión" entre os vacinados, mozos e mozas.

A nova estratexia está centrada en contornos vulnerables

A Comisión de Saúde Pública toma esta decisión unha vez que o contexto é de alta cobertura de vacinas; máis do 92 % dos maiores de 12 anos teñen o calendario completo. A nova estratexia céntrase en áreas vulnerables, atención sanitaria, centros sociais e de atención diúrna que prestan atención sociosanitaria, cárceres e outros lugares con persoas institucionalizadas e nos colectivos vulnerables: maiores de 60 anos, inmunodeprimidos e embarazadas.

Só se contabilizarán os casos e gromos que se produzan nestas persoas e na súa contorna; será nos datos do vindeiro xoves cando se reflicta esta nova forma de vixilancia da covid–19, xa que os publicados mañá polo Ministerio de Sanidade serán os consolidados correspondentes á semana pasada.

Os casos confirmados con síntomas leves xa non terán que estar illados e recoméndanlles teletraballo, se é posible

Todos os casos confirmados con síntomas leves xa non terán que estar illados, senón "extremar as precaucións e reducir o máximo posible as interaccións sociais, utilizando constantemente a máscara e mantendo unha adecuada hixiene de mans durante os 10 días posteriores á aparición dos síntomas", evitando o contacto con persoas vulnerables, asistir a grandes eventos e, "sempre que sexa posible", teletraballo.

Os empregados de contornas vulnerables non acudirán ao traballo nos 5 primeiros días desde a aparición dos síntomas

Os empregados de contornas vulnerables ou que atendan a estes colectivos, que non acudirán ao traballo nos 5 primeiros días desde a aparición dos síntomas ou desde a data do diagnóstico se non os teñen; o quinto día, e no caso de desaparecer, farase unha proba de antíxeno que, de ser positiva, repetirase cada 24 horas ata dar resultado.

Os hospitalizados deben estar illados

Os hospitalizados deben estar illados durante o ingreso ata que se obteña unha proba negativa ou unha PCR positiva compatible con baixas cargas virais, aínda que os profesionais poderán adaptar estas recomendacións tras avaliar cada situación.

As baixas serán por criterio clínico

As baixas non se producirán seguindo un criterio epidemiolóxico como nestes dous anos, senón segundo criterios clínicos, como ocorre coa gripe.

Chegan os primeiros tratamentos de Paxlovid, o antiviral de Pfizer

A entrada de España nunha nova era da pandemia coincide coa chegada dos primeiros 11.900 tratamentos de Paxlovid, o antiviral de Pfizer destinado a pacientes con síntomas leves pero que poden desenvolver covid grave, do que España comprou 344.000 doses para este ano.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos