Publicador de contidos
Publicador de contidos

España consolida a volta do turismo estranxeiro, con 6,1 millóns en abril

España consolida a volta do turismo estranxeiro, con 6,1 millóns en abril

As Canarias, primeira comunidade en superar os turistas internacionais previos á pandemia

G24.gal 01/06/2022 10:57

España recibiu en abril 6,1 millóns de turistas internacionais que gastaron 6.900 millóns de euros, arredor de dez veces máis ca un ano antes e preto en ambos os casos das cifras prepandemia, que si se superaron no caso de Canarias. As chegadas internacionais sitúanse un millón por baixo dos 7,14 millóns que entraran en abril de 2019 e o gasto foi só 150 millóns inferior ao de entón. 

Segundo as enquisas de entrada de turistas internacionais (Frontur) e o gasto que realizan en España (Egatur) publicadas este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE), en abril intensificouse a recuperación do tradicional primeiro emisor de turistas a España, O Reino Unido, con 1,2 millóns de entradas, 52 veces máis que hai un ano. 

Tras os británicos sitúanse os alemáns, dos que chegaron a España en abril 989.807 (fronte a 143.769 nese mes de 2021 e só 90.000 menos que antes da  covid), e os franceses, con 826.193 entradas, oito veces máis que un ano antes. 

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes  Maroto, avanzou nun comunicado que no verán se recuperarán os niveis prepandemia a pesar da incerteza derivada da invasión de Ucraína por Rusia. 

As Canarias, o segundo destino máis visitado polos estranxeiros, foi a primeira comunidade autónoma en superar o número de turistas previos á covid-19, con 1,110 millóns de entradas (1,105 millóns nese mes de 2019). 

O gasto medio por turista subiu en abril ata os 1.131 euros, cun incremento anual do 6,5 %, e o gasto medio diario creceu un 18,3 % sobre o ano pasado, ata os 155 euros, dous euros menos que no mes de marzo e en liña coas cifras de antes da pandemia.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar