Publicador de contidos
Publicador de contidos

España convoca o embaixador ruso pola morte en prisión do opositor Navalni

España convoca o embaixador ruso pola morte en prisión do opositor Navalni

O ministro de Exteriores responsabiliza a Vladimir Putin do ocorrido

A viuva de Navalni promete que "seguirá coa súa loita"

Os 27 ultiman novas sancións contra Rusia pola morte do opositor

Imaxe de arquivo
G24.gal 19/02/2024 18:32 Última actualización 19/02/2024 19:24

O Ministerio de Asuntos Exteriores convocou este luns o embaixador ruso en Madrid, Yuri Klimenko, a raíz da morte en prisión do opositor ruso Aléxi Navalni o pasado venres.

O ministro de Exteriores, José Manuel Albares, asegurou que a morte do Navalni está "totalmente inxustificada e nunca debería producirse", e subliñou que o "responsable último é evidentemente quen o puxo inxustamente en prisión por motivos políticos".

Tres días despois da morte de Aleksei Navalni, a súa viúva toma a remuda. A través deste vídeo en que culpa directamente a Vladimir Putin de asasinar o seu home, Yulia Navalnaya pídelles aos rusos que dirixan a súa rabia contra o presidente ruso. "Continuarei coa súa loita", dixo Navalnaya, "e chámovos a estar ao meu carón".

De momento, xa ten a solidariedade dos ministros de Exteriores europeos, que este luns a convidaron a participar na súa xuntanza en Bruxelas. O xefe da diplomacia comunitaria, Josep Borrell, propón bautizar co nome de Navalni o mecanismo legal europeo para sancionar violacións de dereitos comunitarios.

Á marxe do simbólico, os 27 tamén ultiman novas sancións contra Rusia por unha morte da que tamén responsabilizan o Kremlin, "unha mensaxe de apoio", dicia Borrell, "á oposición rusa".

 
O voceiro do Goberno ruso tachou de groseiras e inaceptables as acusacións chegadas do exterior, e informou de que as investigacións sobre o acontecido aínda están en marcha.

A nai de Aleksei Navalni volveu por terceiro día ao depósito e por terceiro día as autoridades negáronse a entregarlle o cadáver do seu fillo.

En toda Rusia, a morte de Navalni provocou tímidas mostras de solidariedade, case sempre en forma de ofrendas florais que as autoridades se apresuran a eliminar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade