Publicador de contidos
Publicador de contidos

España despregará unha batería antimísiles en Estonia

España despregará unha batería antimísiles en Estonia

O obxectivo é reforzar o flanco oriental da OTAN 

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 14/02/2023 19:39

España despregará a partir do mes de abril e durante catro meses unha batería antimísiles en Estonia para a protección do seu espazo aéreo.

É semellante á enviada a Letonia en xuño do pasado ano.  

A ministra de Defensa Margarita Robles e o seu homólogo estoniano Janno Pevkur pecharon o acordo nun encontro bilateral mantido este martes aproveitando a reunión de ministros da OTAN en Bruxelas.  

Esta medida vai acompañada dunha despregadura duns 80 efectivos a partir de abril e durante catro meses.

"O flanco oriental da OTAN creceu significativamente durante o último ano. Tendo en conta a necesidade de encher este baleiro crítico nas nosas capacidades de defensa aérea de mediano alcance, estou moi contento de que chegásemos a un acordo con España sobre a despregadura do seu sistema de defensa aérea terrestre de mediano alcance", explicou o ministro estoniano.

Estonia, Letonia e Lituania fixeron unha proposta na OTAN para establecer un modelo de rotación de defensa aérea, similar á misión de policía aérea no Báltico que leva anos funcionando.

Estonia tamén espera aprender "detalles tácticos" da despregadura española para o uso dun sistema de defensa aérea de medio alcance e a súa integración con outros sistemas de defensa aérea.  

Este sistema estará ademais vinculado ao despregado desde hai máis de seis meses en Letonia e ambos formarán parte da defensa aérea e antimísiles do flanco oriental da OTAN.

Desde o inicio da ofensiva militar rusa, España incrementou os efectivos en Letonia de 350 militares a 600, multiplicado as misións de policía aérea no Báltico e o Mar Negro e cunha achega naval permanente nas misións da OTAN no Mediterráneo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade