Publicador de contidos
Publicador de contidos

España e Marrocos completan este martes a reapertura das fronteiras

España e Marrocos completan este martes a reapertura das fronteiras

Representantes de ambos os dous países reuniranse para aplicar os compromisos do acordo asinado o 7 de abril

Arranca a operación paso do Estreito entre Marrocos e Europa logo de dous anos sen organizarse

G24.gal 05/06/2022 18:26

Representantes de España e Marrocos reúnense este martes para completar o proceso de reapertura dos postos fronteirizos de Ceuta e Melilla despois de que o 17 de abril se puxera en marcha a primeira fase para determinados viaxeiros tras máis de dous anos pechados.

As administracións competentes reuniranse en Madrid para establecer as modalidades e o calendario de finalización do proceso de normalización da circulación de persoas e mercadorías polos dous postos terrestres, informou o Ministerio do Interior.

O día 17 de abril abriuse o paso de persoas que reunían os requisitos esixibles para trasladárense ao resto do espazo Schengen: nacionais da Unión Europea, cidadáns marroquís con visado, permiso de residencia na UE ou pasaporte en vigor.

Posteriormente, o 31 de maio, nunha segunda fase, abríronse as fronteiras para traballadores transfronteirizos legalmente autorizados.

A reapertura dos pasos fronteirizos produciuse tras máis de dous anos pechados pola pandemia e pola crise diplomática entre España e Marrocos, que tivo un dos seus momentos de máxima tensión coa entrada ilegal de miles de inmigrantes en maio do ano pasado.

Acordo entre España e Marrocos

A reunión do martes circunscríbese á aplicación dos compromisos do acordo entre España e Marrocos do 7 de abril, en particular no relativo á progresiva normalización da circulación de persoas e mercadorías, por medio dos sistemas de control aduaneiro e de persoas, segundo Interior.

O acordo, froito dunha reunión entre o rei Mohamed VI e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, quedou reflectido nunha declaración conxunta subscrita por ambos os dous países que consta de 16 puntos e que se titula "Nova etapa do participado entre España e Marrocos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade