Cargando resultados...
España e os Países Baixos loitarán por unha praza nos Xogos Olímpicos
España e os Países Baixos loitarán por unha praza nos Xogos Olímpicos
As de Montse Tomé queren seguir facendo historia na Liga das Nacións, que reparte dous billetes para París
G24.gal
22/02/2024 20:49
A selección española xa está en Sevilla para disputar este venres a semifinal da Liga das Nacións ante os Países Baixos. As de Montse Tomé buscarán praza na final. De gañaren o partido tamén asegurarían a clasificación para os Xogos Olímpicos de París.
España tan só perdeu un partido dos seis disputados nesta competición, e o seu rival, a selección dos Países Baixos, caeu derrotado en dous encontros. O venres tamén se disputa a outra semifinal, que enfronta a Francia e Alemaña.