Publicador de contidos
Publicador de contidos

España e Portugal agardan a resposta de Bruxelas sobre a proposta do gas

España e Portugal agardan a resposta de Bruxelas sobre a proposta do gas

A ministra para a Transición Ecolóxica agarda que se empece a aplicar o desconto en maio

G24.gal 01/04/2022 14:55

Os técnicos da Comisión Europea xa teñen sobre a mesa a proposta de España e Portugal: limitar o gas que se usa para producir electricidade en 30 euros por megawatt hora. Con ese límite, o Goberno calcula que o prezo da luz no mercado grosista baixaría a 120 euros por megawatt, é o dobre que hai un ano, pero a metade que hoxe.

As negociacións non van ser doadas, polo que o executivo pide paciencia. A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, estima que o desconto "poderá aplicarse a finais de abril ou principios de maio".

Tamén a titular de Facenda, María Jesús Montero, desexa que "oxalá pronto nos respondan de Europa co visto e prace a todas esas medidas que non interfiren no mercado internacional".

Eses 30 euros de máximo é precisa mente a cifra pola que puxa Podemos dentro da coalición. Para a líder do partido e ministra de Dereitos Sociais, Ione Belarra, esta "vai ser unha das decisións claves da lexislatura e unha negociación fundamental, porque canto máis baixo sexa o tope que acordemos coa Comisión Europea, máis vai baixar a factura da luz".

En todo caso, ese límite no prezo do gas será temporal e estará vixente ata o final deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade