Publicador de contidos
Publicador de contidos

España empata con Alemaña (1-1) e lidera en solitario o Grupo E

España empata con Alemaña (1-1) e lidera en solitario o Grupo E

Houbo que agardar ata a segunda metade para ver os goles

Morata abriu o marcador entrando desde o banco

Füllkrug conseguiu a igualada no treito final, que mantén con vida a Alemaña

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 27/11/2022 22:05

Era un partido para que España consolidase a súa hexemonía no Grupo E e, á vez, para que unha Alemaña ao límite intentase manterse con vida ata a xornada final. E iso provocou que as dúas seleccións entrasen con cautela ao encontro, que non tivo goles na primeira metade.

Houbo que agardar á continuación para que as seleccións amosasen as súas credenciais. Por España marcou Morata, que non comezou o encontro como titular.

 

O gol non eliminaba matematicamente a Alemaña, pero deixábaa nunha situación límite, así que os teutóns buscaron a igualada. E atopárona a sete minutos do noventa. Füllkrug foi o encargado de establecer o 1-1 final que vale moito para Alemaña.

 

Mesmo puideron acadar o triunfo, logo dunha contra no minuto 95 que Sané non deu culminado. A igualada deixa a España á falta dun punto para asegurar a clasificación. Alemaña estará nos oitavos se gaña o último partido e non o fai Xapón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade