Publicador de contidos
Publicador de contidos

36 anos de límites ao tabaco, de cando se fumaba en hospitais e escolas

36 anos de límites ao tabaco, de cando se fumaba en hospitais e escolas

O debate social chegou coa lei antitabaco de 2005, xa que ata o de aquela as restricións foranse impoñendo moi pouco a pouco e sen case efectos

G24.gal 31/05/2024 14:58

As primeiras restricións ao consumo de tabaco chegaron en 1988. Houbo que dicir adeus ao tabaco en hospitais, centros docentes, salas de teatro, cine ou ascensores. Permitindo acoutar, iso si, algún espazo para fumar.

Catro anos despois prohibíase en voos de menos de 90 minutos. E xa en 1999 ampliábase a calquera avión e autobuses.

O debate social chegou coa lei antitabaco de 2005. Prohibía fumar nos centros de traballo. Acababa cos espazos limitados en colexios e hospitais, instalacións deportivas cubertas ou centros comerciais, culturais e sociais.

Abriu debate tamén na restauración. Obrigaba a habilitar unha zona separada para fumadores. Hostaleiros e clientes auguraban un futuro negro. Prohibía a venda a menores de 18 anos e os maiores só en estancos e máquinas expendedoras.

A publicidade quedaba prohibida. As sancións van desde os trinta euros aos seiscentos mil.

A sociedade maduraba e encaixou mellor as seguintes restricións. En 2010 o tabaco quedaba vetado en todos os locais públicos de lecer. Tiñan que ser libres de fume.

Tamén ás portas de hospitais, en parques e colexios. Hoxe o tabaco dá as últimas boqueadas en lugares públicos, pero segue sendo un problema de saúde. El e o seu herdeiro, o vapeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade