Publicador de contidos
Publicador de contidos

España reclama en Vigo fondos europeos para axudar á descarbonización da pesca

España reclama en Vigo fondos europeos para axudar á descarbonización da pesca

O titular español do ramo pediu ademais que se teña en conta que é un sector fundamental para a soberanía alimentaria

G24.gal 17/07/2023 21:31 Última actualización 17/07/2023 22:31

De visita pola tarde ao buque escola Intermares, os ministros de pesca da Unión Europea empezaron o encontro informal que se vai centrar na descarbonización do sector.

As discusións propiamente ditas son mañá, pero o Ministro Planas xa matizou hoxe:

"Mellora ecolóxica, si, pero tendo en conta que este sector é fundamental para a soberanía alimentaria e, respecto das emisións, parte en vantaxe, comparado con outros".

"Creo que a pesca extractiva é un medio de baixas emisións en que conseguimos ademais unha proteína de primeira calidade, como é a dos produtos pesqueiros; polo tanto, ese debe ser o punto de partida", dixo o ministro de Pesca Luis Planas.

Para reducir emisións de CO₂ na actividade pesqueira é necesario facer barcos máis modernos.

O goberno español quere que a Unión estableza axudas para afrontar esa modernización.

"Temos que conseguir que os fondos europeos sexan elixibles para eses investimentos de renovación que nos teñen que dar máis eficiencia enerxética, máis seguridade e confortabilidade se queremos un relevo xeracional no mundo da pesca", engadiu Planas.

Ademais da descarbonización da frota, o Consello podería tratar das posibles cotas pesqueiras plurianuais, unha reivindicación de boa parte do sector galego.

Estes consellos exclusivos de pesca, sen agricultura, son moi pouco habituais; escolleuse Vigo porque aquí está o principal porto pesqueiro de Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade