Publicador de contidos
Publicador de contidos

España suma 5 medallas na Copa do Mundo de Piragüismo, todas con representacion galega

España suma 5 medallas na Copa do Mundo de Piragüismo, todas con representacion galega

Antía Jácome está a ser a gran triunfadora con 3 metais

Tamén hai pratas dos dous K-4 con galegos a bordo

G24.gal 13/05/2023 11:46

Boas noticias as que nos chegan da proba da Copa do Mundo de Piragüismo. Xa hai cinco metais para a delegación española, e os cinco con representación galega.

O K-4 feminino, coas galegas Carolina García e Teresa Portela, xunto a Estefanía Fernández e Sara Ouzande, acadou a prata. 

Tamén o K-4 masculino conseguiu o segundo posto, malia que Marcus Cooper tivo un cadro de hipotermia antes da proba. Despois refíxose e participou xunto a Craviotto e os galegos Rodrigo Germade e Carlos Arévalo. Saúl Craviotto confesaba tras a proba que o padexeiro non lles dixo nada aos seus compañeiros, que o viron realmente mal. Pero acabou recuperándose de xeito milagreiro, permitindo competir ao barco campión do mundo.

Pero a gran triunfadora dos campionatos está a ser Antía Jácome. Acadou o ouro en C2 200 con María Corbera e, coa mesma parella, a prata en C-2 500. Na proba individual pendurou o bronce.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos