Publicador de contidos
Publicador de contidos

España volve a unha final da Eurocopa pola porta grande

España volve a unha final da Eurocopa pola porta grande

É a primeira selección da historia que chega a unha final con pleno de vitorias

G24.gal 10/07/2024 21:33

Doce anos despois, España volve a unha final da Eurocopa. E faino pola porta grande. Polo camiño deixou a Italia, a Alemaña e, onte, a Francia. Ninguén se desfixera das tres grandes no mesmo torneo. O mérito dos xogadores que dirixe Luis de la Fuente é enorme.

Lamine Yamal, o futbolista que máis ocasións creou neste torneo, foi o protagonista indiscutible do encontro. A tres días de facer os 17 anos, converteuse no xogador máis novo en marcar nunha Eurocopa, por diante de Pelé.

España soubo refacerse tras o gol de Francia aos oito minutos do partido. E se Lamine e Dani Olmo impulsaron o equipo, Navas protexeuno dende a última liña e Rodri ordenouno cando foi preciso. Todos sumaron. A clave desta selección está no grupo máis que nas individualidades. España chega á ultima rolda do torneo con pleno de vitorias. É a primeira selección que o consegue na Eurocopa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos