Espectacular persecución policial polas rúas de Vigo para interceptar un condutor drogado
Espectacular persecución policial polas rúas de Vigo para interceptar un condutor drogado
Unha cámara portuaria captou o momento na glorieta de Beiramar en que tres vehículos policiais logran pechar o paso do turismo que fuxía dos axentes
Os feitos sucederon o sábado da semana pasada tras detectar na rúa Marqués de Valterra un vehículo cunha conducción errática
Poucas veces podemos ver detencións tan sorprendentes como a sucedida a semana pasada na rotonda da Industria Conserveira en Vigo e, sobre todo, tras unha espectacular persecución por varias rúas da cidade e onde se viron implicadas ata catro patrullas da Policía Local.
Unha cámara portuaria de Vigo capta a persecución policial para interceptar a un condutor sen carné e drogado que circulaba pola contorna da avenida de Beiramar o pasado día 11, pouco antes do mediodía.
O turismo, como vemos nas imaxes que agora chegaron ás redes sociais entra derrapando a gran velocidade ma glorieta de Beiramar, fai un xiro de 180 graos ante outro vehículo con perigo de colidir. Sen tempo a unha reacción, unha patrulla da Policía Local lograr pasar entre outros coches e péchalle o paso. Outro furgón tamén pasa e córtalle a fuxida, canda outro reforzo do dispositivo.
Os axentes saen dos seus vehículos e sacan á forza o condutor, ao que levan detido.
Delito contra a seguridade viaria
Finalmente e tras ser interceptado na rotonda da Industria Conserveira, identificárono, ademais de comprobar que tiña en vigor unha perda de vixencia do seu carné. Realizóuselle a proba de alcol e doutras drogas, dando resultado positivo en cocaína e 0,40 miligramos de alcol por litro de aire expirado.
Está acusado como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.