Publicador de contidos
Publicador de contidos

ERC di que será "razoable pero esixente" para negociar e apunta ao referendo

ERC di que será "razoable pero esixente" para negociar e apunta ao referendo

A formación republicana pídelle ao PSOE que se mova e "non teña medo" se quere a investidura de Sánchez

A amnistía tamén figura entre as prioridades de Esquerra Republicana de Cataluña

G24.gal 05/08/2023 14:05 Última actualización 05/08/2023 14:21

O equipo negociador do PSOE para a hipotética investidura de Pedro Sánchez aínda non entrou formalmente en escena, pero distintas fontes políticas falan de que se están contrastando as posicións con Junts e ERC por varias vías.

Félix Bolaños pedíalle antonte aos independentistas que non caian en maximalismos e hoxe Esquerra resumía así a súa postura.

"Esquerra Republicana é un actor responsable, razoable á vez que esixente, e tamén imos selo agora nesta negociación", asegura Marta Vilalta, secretaria xeral adxunta e voceira desta formación.

ERC sostén que non serán maximalistas, pero que tampouco aceptarán chantaxes:

"O que non poden facer o PSOE e Pedro Sánchez é afrontar esta negociación como unha chantaxe: ou me votas a min ou vai vir a extrema dereita e haberá un goberno PP-Vox", matiza a voceira dos republicanos cataláns.

Vilalta pídelle ao PSOE que sexa ambicioso negociando. Di que debe poñer as bases para que Cataluña poida decidir o seu futuro a través dun referendo e sostén que "si cabe na Constitución española".

As outras vías negociadores que apunta son a amnistía política, o traspaso da xestión de Cercanías e o déficit fiscal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade