Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esquerra e Junts acusan a Sánchez de "electoralismo"

Esquerra e Junts acusan a Sánchez de "electoralismo"

Aragonès censura a "comedia de cinco días" de Sánchez e dubida sobre a súa honestidade e Turull acúsao de "tacticismo electoral" para interferir nos comicios cataláns 

O presidente da Generalitat de Cataluña e candidato á reelección, Pere Aragonès, este luns (Lorena Sopêna / Europa Press)
G24.gal 29/04/2024 13:39

O presidente da Generalitat e candidato de ERC á reelección, Pere Aragonès, censurou este luns a "comedia de cinco días" protagonizada polo presidente do Goberno e dixo dubidar sobre a súa honestidade, ao preguntarse se procedería igual se non houbese campaña electoral en Cataluña.

Nunha breve conferencia de prensa na sede do partido, tras comunicar Sánchez a súa decisión de seguir á fronte do Executivo, Aragonès lamentou a "cortina de fume" dos socialistas: "Confírmase o peor dos agoiros, todo foi unha manobra política", afirmou.

O ocorrido foi, a xuízo de Aragonès, "unha utilización da solidariedade perante ataques da extrema dereita para usala de forma partidista", o que sostivo que é "moi lamentable".

O secretario xeral de Junts, Jordi Turull, acusou este luns a Pedro Sánchez de "tacticismo electoral" para interferir nos comicios cataláns. 

"É unha grave irresponsabilidade utilizar as emocións sobre o sufrimento que representa un acoso mediático indigno para facer tacticismo electoral", dixo nunha declaración aos medios en Argelès-sur-Mer (Francia) coa portavoz no Congreso, Míriam Nogueras.  

Segundo Turull, tentar converter estas eleccións nunha "ferramenta ao servizo da supervivencia política" do seu partido é impropio de alguén coa súa responsabilidade, dixo literalmente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade