Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esta fin de semana celébrase unha nova edición da Festa da Pataca de Coristanco

Esta fin de semana celébrase unha nova edición da Festa da Pataca de Coristanco

G24.gal 15/09/2023 22:10 Última actualización 15/09/2023 22:51

Volve a Festa da Pataca de Coristanco e faino con algunhas novidades. "Comezamos este venres cunha sardiñada popular onde vai haber máis de mil reaccións de sardiñas con cachelos de patacas de Coristanco, por suposto. O sábado xa temos outras actividades como poden ser obradoiros para nenos con queixo do Cebreiro", explica Miguel Mosteiro, responsable gastronómico da Festa da Pataca.

Tamén só aquí se poderá degustar unha edición especial de patacas Bonilla elaborada en exclusiva con produto cultivado en Coristanco. O presidente da Asociación de Produtores de Pataca de Coristanco Juan Ramón Sanjurjo, destaca que "neste concello temos a vantaxe que temos unha veta de terra que ten un PH ideal para a produción da pataca. Tamén temos a sorte do clima malia que co cambio climático algunhas cousas están a cambiar, temos un cima bastante estable con bastante choiva. Nós non temos rego son producións de secaño".

O día grande da festa será o domingo, coa degustación de pratos tradicionais e o xa clásico desfile de tractores engalanados que desta volta contará tamén cunha versión infantil. Antes, na xornada do sábado, Miguel Mosteiro sinala que haberá "degustacións con colaboración doutras entidades. Así ao mediodía vai haber cachelos de Coristanco con peixe da Confraría de Laxe e á noite haberá cachelos con mexillóns á feira". Diferentes degustacións dun produto galego único e de calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos