Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coristanco exalta a súa pataca nunha das festas gastronómicas máis antigas

Coristanco exalta a súa pataca nunha das festas gastronómicas máis antigas

Propostas artísticas e culinarias na 42 edición desta celebración, que botou a andar no 1980

G24.gal 15/09/2024 19:23 Última actualización 15/09/2024 20:00

Coristanco acolleu esta fin de semana a 42 edición da Festa da Pataca. Produto imprescindible na cociña galega, este tubérculo cultívase en todo o país pero din que o desta localidade de Bergantiños é especial.

"Cultívase case o cen por cento de Kennebec, que é moito máis delicada, trabállase á man. Tamén unha pouca da (variedade) fina de Carballo, unha produción moi pequena, porque case o cen por cento é Kennebec, que é unha pataca moi versátil, que serve para fritir, para cocer, para asar, ten moitas posibilidades e é moi saborosa". 

Non faltaron comensais para degustar as famosas patacas en forma de tapa e con distintas elaboracións. 

"Hai unha oferta de tapas bastante boa e variada. Bo ambiente, moita xente, está ben".

"Nós comemos aquí as tapas, estaban boísimas ademais de baratas".

"Moi ben. Acabamos de chegar pero imos gozar ata a madrugada

A festa, que naceu no 1980, contou cunha exposición fotográfica e de pintura en vivo, xogos tradicionais ademais do concurso de figuras elaboradas con patacas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos