Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Comité de Seguridade Sanitaria da UE reúnese este luns pola expansión da varíola do mono

O Comité de Seguridade Sanitaria da UE reúnese este luns pola expansión da varíola do mono

España é o país europeo que rexistra máis casos desde 2.022

A enfermidade transmítese por contacto e a vacina contra a varíola tamén é efectiva contra esta cepa

G24.gal 18/08/2024 14:39 Última actualización 18/08/2024 23:23

O Comité de Seguridade Sanitaria da Unión Europea reúnese este luns para analizar as medidas de control da nova variante da MPOX, ou varíola do mono. Tamén o grupo técnico do Ministerio de Sanidade discutirá as actuacións derivadas da emerxencia sanitaria internacional, que o martes tratará coas comunidades autónomas.

No que levamos de ano en Galicia detectáronse 6 casos desta enfermidade, pero o gromo causado por unha nova cepa máis transmisible e máis letal fixo que a OMS decretase o nivel máis alto de alerta de emerxencia de saúde pública ante a situación en África, fundamentalmente na República Democrática do Congo. España contabilizou este ano 264 casos pero a varíola chegou xa en 2022.

"Ata agora xa son máis de 8.100 casos os que se produciron en España, que é o país máis afectado de Europa e isto acabará chegando. Quen ten que tomar as medidas son as autoridades sanitarias. Hai que informar a poboación para que saia como se transmite e o que hai que facer. E tomar as medidas de prevención cando teñamos casos, e que serán nos grupos de risco e nos conviventes", asegura o epidemiólogo Juan Gestal.

É unha enfermidade que se transmite por contacto e como as bóchegas tamén aparecen na gorxa pode contaxiarse vía oral, ou por roupa de cama ou de aseo compartida.

"Vimos en 2.022 que o núcleo central da transmisión eran homes que tiñan sexo con homes. Logo tamén se afectaban as mulleres. Tamén se está vendo que as traballadoras do sexo son grupos especiais de risco. Transmitese por contacto. O líquido das vesículas é onde vai o virus e polo tanto cando se abren as bochas e ata que se renova a pel a persoa é de máis a menos contaxiosa", explica Gestal.

Existe vacina, pero só se valora a súa aplicación nos grupos de risco, e a enfermidade está a ser máis grave en cativos, mulleres xestantes e persoas inmunodeprimidas. As medidas de control que se proporán nos próximos días teñen que ver coa revisión de viaxeiros procedentes dos países máis afectados nos aeroportos, actuación ante os casos detectados e a dispoñibilidade de vacinas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade