Estabilizado o incendio de Ribadavia e extinguido o de Lobeira
Estabilizado o incendio de Ribadavia e extinguido o de Lobeira
O de Cenlle puido ser provocado nos traballos para cortar pedra cunha radial
Na tarde de este venres quedou estabilizado o incendio forestal en Ribadavia. Comezara hai vinte e catro horas no punto limpo da localidade e estendeuse polo monte. Queimou unha superficie estimada provisionalmente en 30 hectáreas.
E quedou extinguido o incendio que queimou algo máis de 40 hectáreas de monte raso no concello de Lobeira, no parque natural do Xurés. Un conato na mesma parroquia apareceu e foi atallado pouco despois.
A Policía Autonómica investiga unha persoa como presunta autora do incendio forestal declarado esta semana en Cenlle. Estaba cortando pedra cunha radial da que se puideron desprender as chispas que causaron o incendio na parroquia da Pena.
Este incendio está controlado. Afecta 62 hectáreas de monte e mesmo ameazou viñedos do Ribeiro. As dilixencias do caso xa están en mans dun xulgado de Ribadavia.