Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estabilizado o lume forestal de Muíños tras queimar 45 hectáreas no Parque do Xurés

Estabilizado o lume forestal de Muíños tras queimar 45 hectáreas no Parque do Xurés

O incendio comezara pouco antes das sete da tarde do venres Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

G24.gal 14/09/2024 11:23 Última actualización 14/09/2024 11:37

O incendio forestal declarado na tarde do venres pasado no concello de Muíños quedou estabilizado ás 6:30 horas deste sábado, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

O lume comezara pouco antes das 19:00 horas e, segundo as últimas estimacións, queimou polo momento 45 hectáreas no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do xurés.  

Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 16 axentes, 29 brigadas, 13 motobombas, dúas pas, un técnico, sete helicópteros e oito avións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade