Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estabilízase a presión hospitalaria con 855 ingresados despois de dúas semanas en ascenso

Estabilízase a presión hospitalaria con 855 ingresados despois de dúas semanas en ascenso

Nun mes duplicáronse as hospitalizacións en Galicia

A incidencia acumulada a 15 días en maiores de 60 anos é de case 1.400 casos 

Hai 825 ingresados en planta e 30 nas UCI
G24.gal 09/07/2022 13:27 Última actualización 09/07/2022 13:45

A evolución da covid en Galicia segue marcada por unha cifra elevada de contaxios: 1.380 casos novos en persoas de risco ou maiores de 60 anos.

As últimas cifras de hospitalizacións melloran as de días pasados, cun descenso de pacientes nas UCI, onde hai 30 críticos. A Coruña e Ourense son as áreas de maior presión sanitaria.

O dobre de pacientes ingresados que hai un mes

A presión hospitalaria en Galicia duplicouse desde hai un mes. Tiñamos a estas altura de xuño 429 persoas ingresadas coa covid, hoxe son 855, 30 delas nas UCI.

Nestas últimas semanas o ascenso foi moi elevado, aínda que os datos dos dous últimos días apuntan cara a unha estabilización no número de ingresos, segundo confirma o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal:

Das cousas ​ que aprendemos da covid é que tampouco podemos facer unha previsión máis aló dun par de semanas como moito. A previsión parece que é que vai empezar a diminuír no que se refire ao impacto na asistencia sanitaria e na hospitalización.

A situación nada ten que ver coa que viviamos o verán pasado a estas alturas, con 60 hospitalizados.

Precaución cos grupos de risco

A capacidade de transmisión destas subvariantes, as ómicron BA.4 e BA.5, é moi elevada, e a incidencia acumulada a 15 días en maiores de 60 anos está en case 1.400 casos por cada 100.000 habitantes desta idade, polo que Sanidade insiste na necesidade de extremar as precaucións cos grupos de risco. Nas últimas horas notificáronse nove falecementos de persoas contaxiadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade