Estabilízase o número de infeccións activas e baixa a presión hospitalaria
Estabilízase o número de infeccións activas e baixa a presión hospitalaria
Nas últimas horas rexistráronse 2.109 contaxios, a cifra máis baixa da semana
As hospitalizacións por mor da covid en Galicia volveron descender nas últimas horas, despois da repunta que se rexistrou esta semana. Hai 439 persoas coa covid ingresadas, 24 delas nas UCI, onde houbo tres novas hospitalizacións.
As áreas sanitarias da Coruña e Santiago son as que máis pacientes teñen tanto en planta como nas Unidades de Coidados Intensivos.
Os contaxios continúan por riba dos 2.000 diarios. A Coruña e Vigo superaron os 450, Santiago preto de 400, Ferrol e Lugo arredor de 250, Pontevedra 219 e Ourense 136. En total suman 2.109, a cifra máis baixa desta semana.
Con estes datos o total de doentes con infección activa mantense practicamente estable. Nestes momentos, 23.684 persoas pasan a enfermidade.
Nas últimas horas notificáronse catro novas vítimas mortais, con idades comprendidas entre os 58 e os 102 anos. Neste mes de marzo faleceron 87 persoas contaxiadas.