Case 640 alumnos galegos viaxan ao Canadá, o Reino Unido, Francia, Alemaña e Portugal para mellorar o idioma

A Xunta de Galicia financia ata o 87 % do custo desta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras
Un total de 639 alumnos de bacharelato partiron hoxe cara ás súas estadías lingüísticas no estranxeiro este verán. Serán tres semanas en distintos países e nas que a Xunta de Galicia sufraga entre un 50 e un 87 % do custo para os estudantes e as súas familias.
Con moitos nervios, pero tamén coas maletas cheas de ilusión. Así se despedían hoxe moitos estudantes dos seus familiares para pasar 3 semanas no Canadá, nunha estadía en que a inmersión lingüística é o fundamental, pero na que contarán tamén cun programa cheo de actividades deportivas e culturais.
O propósito desta iniciativa, enmarcada na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, non é só que o alumnado asistente aprenda un idioma estranxeiro, senón tamén entrar en contacto con outras culturas e realidades sociais, algo que os propios alumnos teñen perfectamente interiorizado.